Os nosos xogadores foron protagonistas da segunda xornada do Trofeo Caixa Galicia, que enfrontou á selección de Ferrol e a selección de Lugo. En canto á selección sub17, o dianteiro da Residencia, Roberto tivo unha actuación destacada, xa que anotou un dos dous goles, o outro foi obra de Make. Estes goles, posibilitaron a segunda victoria do combinado lucense sobre o ferrolán, có tanteo de 1-2. O equipo da sub15, donde ocupou o posto de central Alex Mata, acadou un empate a douses, o segundo consecutivo, despois de empatar coa selección santiaguesa. O cadro dos máis pequenos, conseguiu a súa primeira victoria no torneo. A calidade do equipo que entrena Julián impúxose ó equipo de Ferrol. Tres xogadores do clube participaron no encontro, Raposo,Iago e Nuñez, destacando este último, xa que anotou un gol e tamén era o seu debut coa selección.