O equipo xuvenil xogará a vindeira tempada na Liga Nacional xuvenil.

O ascenso conseguiuse no campo de Elviña, na Coruña, despois de que os pupilos de Manolo Couso e Nanito, derrotasen por 2 tantos a 1 o equipo do Ural.

Os goles foron conseguidos por Bruno, cunha magnífica vaselina e por Rober, cun potente disparo, que se colou pola escadra.

O equipo fixo un excelente partido demostrando a superioridade sobre o equipo contrario. Houbo ocasións, incluso para un resultado máis abultado, despois de que co 0-2 no marcador, Yelko e Rober, desaproveitaran sendas ocasións claras, e xa co 2-1 Bruno chegara a errar un penalti.

Noraboa a todos, e tamén a afición, que se desplazou en masa para animar o noso equipo, sobrepasando o centenar de persoas que tiñiron de azul as gradas do campo coruñés.

abril 26, 2008