O equipo infantil, que dirixe Alvaro Meilán, voltará un ano despois a categoría que nunca deberon abandoar.
O ascenso conseguiuse no campo da Cheda, despois de gañar por 3 tantos a 2 a un Nicrariense que nunca se deu por vencido.
O equipo branquiazul, adiantouse no marcador, despois de que Yoel, nun rexeite, batera o porteiro Nicrariense.
O Nicrariense, non se deu por vencido, e tras unha xogada en que mandou o balón o pao por dúas ocasións, chegou o empate.
Os residencialistas non se viñeron abaixo, e tras o descanso marcaron dous goles, que poñían o ascenso en bandexa.
O equipo de Negreira volveu poñer o medo no ambiente, cando tras un corner acortaba distancias, pero non foi capaz de volver perforar a meta blanquiazul.
Así pois, os pupilos de Alvaro, conseguiron brilantemente, tras unha extraordinaria temapada, o obxectivo proposto de voltar a competir cos mellores da categoría o vindeiro ano. NORABOA A TODOS!!!