O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou hoxe a XIV edición do Circuito Larsa Corre con Nós, que inaugurará a temporada atlética lucense.

Díaz Grandío salientou que “con este circuito o que se pretende é establecer hábitos saudables  entre a  nosa poboación, mantelos entre os que o teñen e facilitar que as persoas que non teñen como norma básica facer deporte se vaian involucrando a través destas actividades.”

Según anunciou o Concelleiro de Deportes, haberá un total de sete probas, que se disputarán ao longo do ano, intentanto superar as 10.000 participacións que tivo o ao longo do ano pasado. Neste sentido manifestou que este ano se realizan algunhas modificacións a petición de moitos dos participantes como por exemplo que para saber a posición de chegada e os resultados finais poderán facelo a través dun código QR, ou que os equipos deberán estar compostos nun mínimo de 4 homes e 4 mulleres.

Este ano tamén terá lugar a XI edición da carreira Lugo Monumental e inclúese un novo circuito que será no entorno do Paseo de Ombreiro. A primeira carreira será o domingo 24 de novembro nas Pistas de Atletismo Gregorio Pérez Rivera. O circuito distribuirase en sete carreiras puntuables para adultos e oito para os máis cativos.

As citas serán as seguintes:

Domingo 24 de Novembro – Pistas de atletismo Gregorio Perez Rivera
Domingo 22 de Decembro – XI edición da Lugo Monumental
Sábado 18 de Xaneiro de 2014 – Nocturna Monumental (Praza Maior)
Domingo 16 de Febreiro – Saamasas-Paseo de Ombreiro
Domingo 16 de Marzo – Barrio de San Fiz
Domingo 6 de Abril – Centro comercial As Termas Circuíto
Sábado 10 de Maio – Parque Recinto Feiral
Sábado 7 de Xuño- (Final Menores) – Pistas Atletismo Ciudad Cultural
Domingo 8 de Xuño – (Final Adultos) – Complexo deportivo Frigsa

As categorías menores que discorren entre os nados entre 1999 e 2009, competirán nas categorías Mini, A, B, e C, con distancias comprendidas entre os 500 metros e os 3 kilómetros. Para as categorías adultas, cuxas idades están entre os nados en 1998 e anteriores, as distancias variarán entre os 4,5 kilómetros e os 6,5 kilómetros, dependendo do circuito.

As inscripcións comezan hoxe xoves día 7 de novembro a través de Internet; na web de Championchipnorte para os adultos e rapaces. As inscripcións poderán realizarse ata o vindeiro día 1 de novembro.

noviembre 7, 2013