Os equipos Residencialistas, que compiten nas ligas galegas, seguen demostrando, unha xornada máis por que son unha das mellores canteiras galegas.
O xuvenil A, que compite na liga nacional, impúxose ao Colexio Hogar en Vigo, 1-2, antepoñendose as condicións do campo, e as lesións que se produciron no encontro. Con este resultado, están a 2 puntos do Areosa, equipo que ocupa posto de ascenso nestes intres.
O cadete A, tamen venceu, ante o Cidade de Santiago, esta vez no noso campo. Os pupilos de Joaquín, fixeron un bo partido, impoñendose pola mínima tamén 2-1 ante o 3º clasificado da liga.
O infantil A, trouxo de Sada unha goleada (0-5) demostrando tamén o bo estado de forma dos pupilos de Alvaro Meilán.