Este fin de semana as categorías Alevín, Cadete e Rexional da SDC Residencia foron protagonistas.
Por unha parte os Alevíns que participaron na Copa Provincial Alevín, dirixidos por Cascudo e Hector, quedaron campións. A final foi desputada pola SDC Residencia e a SCD Milagrosa. Comezou gañanado a SCD Milagrosa, pero os nenos da Residencia pronto remontaron o partido chegando o descanso cun 3-1. Foi un partido completo e dominado pola SDCR, cun bo xogo e moitas ocasions de gol, rematando a final cun 6-1 para os nosos Alevíns. Unha gran final a altura da boa tempada realizada por este equipo da SDC Residencia.
Por outra parte no torneo organizado polo SDeC Polvorín, os Alevíns de Couso fixeron unha moi boa participación, quedando como mellor equipo da capital lucense. Dende o club queremos agradecer o Polvorín a organización ano tras ano deste torneo onde se demostra que fútbol lucense esta vivo neste tipo de eventos deportivos relacionados co fútbol base.
Na categoría Cadete os de Dani Galán, que participaban na I Copa Deputación, lograron alzarse co título en Monforte. Una participación moi peculiar xa que nos cuartos contra o Lugo A, semifinais contra o Lugo B e finais da Copa, contra un gran Becerreá, a SDC Residencia pasou tras superar respectivas quendas de penaltis.
E por último mencionar os nosos xogadores da 1º Rexional Autonómica, que por segundo ano consecutivo están na Final da Copa Deputación tras eliminar o Bóveda.