Este Domingo de San Xoán a SDC Residencia categoría Afecionado proclamouse campión por segundo ano consecutivo da Copa Deputación tras vencer o SD Chantada no campo de fútbol de A Pinguela en Monforte de Lemos.
O partido foi intenso, con varias ocasión de gol. Unha das primeiras para a SDC Residencia foi un penalti errado tras unha man dun xogador de Chantada. Chegou o descanso con 0-0 no marcador. A segunda parte reanudouse e o primeiro gol chegou por parte do equipo de Preferente. A partir dese momento os xogadores da Residencia pelexaron moito no ataque, ocasionando varias ocasións de gol, unha das máis destacadas por parte de Carlitos, ata que nos últimos 10 minutos Dani Galán marcou por partida dobre, primeiro un gol dende o medio do campo, e no derradeiro minuto do partido o segundo gol directamente dende o córner. Cabe destacar a actuación de tres xogadores da SDCR categoría xuvenil.
O noso equipo de referencia, dirixido por Nanito, conquistou de novo a Copa Deputación…¡noraboa campións!.